🕯️ Novo material: A Candeloria (xogo + proxecto interdisciplinar)

Xa tedes dispoñible no blog un pack de actividades para traballar A Candeloria na aula cun enfoque interdisciplinar: EPVA + Lingua Galega + Tecnoloxía e Dixitalización.

Inclúe un xogo interactivo para aprender e repasar a tradición (refrán, símbolos, etc.) e unha proposta de aula con recursos TIC (Canva) e materiais listos para fabricación: deseños e pezas pensadas para cortadora láser.

📌 Ideal para traballar tradición, creatividade e comunicación visual cunha metodoloxía máis práctica e motivadora.

➡️ Atoparás todo o material e ligazóns aquí.