
Este ano, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), nomeou a JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA LOMBÁN (1895-1984) como Científica do Ano 2021 e así o anunciaban na sua conta de Twitter:
Jimena Fernández de la Vega Lombán, médica, xenetista e profesora, naceu o 3 de junio 1895 en Vegadeo, Asturias.

Xunto a súa irmá Elisa, foi a primerira muller en estudiar na Facultade de Medicina da Universidade de Compostela termiando os seus estudos con excelente expediente académico.
Foi unha das primeiras españolas en obter o Doutoramento en Medicina.
Adicouse fundamentalmente á investigación sobre a herdanza, introduciu en España as ideas e técnicas da xenética aprendidas durante as súas estancias en Alemaña e outros países europeos. Entre os traballos más recoñecidos de Jimena Fnesta etapa están os seus experimentos xenéticos coa mosca do vinagre (drosophila)
En España traballou principalmente sobre herdanza e constitución, como discípula e colaboradora de fisiólogos como Nóvoa Santos, Pittaluga e Marañón.
En 1933 foi nomeada directora do Servizo de Xenética e Constitución creado na Facultade de Medicina de Madrid, que, aínda que non chegou a desenvolverse como centro de investigación, serviu de porta de entrada das teorías xenéticas nos medios académicos da medicina española. Destacou así mesmo na súa dedicación á Hidroloxía Médica.
Tras opositar en 1945 para o Corpo de «Médicos de Baños», converteuse na primeira española directora de Balnearios.
Finou en 1984, a idade de 89 años en Santiago de Compostela
Convídovos a ver o seguinte vídeo

Debe estar conectado para enviar un comentario.