Instrucións
Infantil e 1º Ciclo de Primaria 🧒🎨
1️⃣ Xogo libre – «Mariquiñas» dixitais:
- O alumnado pode interactuar coa versión dixital de Rosalía Mariquiña arrastrando as prendas para vestila ao seu gusto.
- Na primeira diapositiva, os nomes das prendas son audibles ao tocarmos, facilitando a aprendizaxe oral e visual.
2️⃣ Escribimos os nomes das prendas:
- Hai 10 diapositivas onde o alumnado pode activar o lápis na esquina superior dereita para repasar ou escribir os nomes das prendas sobre a pauta escrita.
3️⃣ Conta, pon e quita:
- A roupa está toda revolta! O alumnado pode lanzar o dado e vestir ou desvestir a Rosalía co número de prendas que saia.
- Poden responder preguntas como «Cantas prendas faltan?», traballando de forma manipulativa os conceptos de suma e resta.
4️⃣ Comparte a túa Rosalía Mariquiña con nós!!!
- Amosa a túa versión de Rosalía Mariquiña nas RRSS co hashtag #rosaliamariquiña
2º e 3º Ciclo de Primaria 📖✂️
1️⃣ Recortable tradicional:
- Descarga e imprime o material para facer unha versión de Rosalía Mariquiña en papel.
- Recorta coidadosamente a Rosalía e as prendas, deixando pestanas para poder vestila.
- Se o prefires, pega o papel nun cartón fino para maior durabilidade.
2️⃣ Actividade cultural:
- Traballa as tradicións galegas a través da vestimenta tradicional.
- Afonda na vida e obra de Rosalía de Castro para comprender a súa importancia cultural e literaria.
3️⃣ Engade aprendizaxe no reverso:
- No reverso das prendas, escribe:
- O nome da prenda para reforzar o vocabulario.
- Unha pequena descrición (exemplo: “Levábase nas festas”).
- Un debuxo para personalizar cada peza.
4️⃣ Comparte a túa Rosalía Mariquiña con nós!!!
- Amosa a túa versión de Rosalía Mariquiña nas RRSS co hashtag #rosaliamariquiña
Secundaria 🎓💻
1️⃣ Reflexión sobre tradicións:
- Analiza o significado cultural das prendas tradicionais galegas e a súa evolución ao longo do tempo.
- Afonda na figura de Rosalía de Castro como símbolo da identidade galega.
2️⃣ Recortable dixital e personalización:
- Usa os arquivos descargables dispoñibles na web para replicar o xogo en ferramentas dixitais (edición de imaxes, creación de presentacións interactivas, etc.).
- Crea dinámicas onde o alumnado recree o xogo dixitalmente, aprendendo habilidades de deseño dixital.
3️⃣ Fabricación con cortadora láser
- Descarga os arquivos de contorno.
- Corta as pezas nunha cortadora láser, empregando madeira de balsa, feltro ou goma EVA.
- Imprime a versión a cor das prendas e pégallas ás pezas de madeira con Mod Podge ou similar.
- Crea unha Rosalía única, ideal para traballo manipulativo noustros niveis.

4️⃣ Comparte a túa Rosalía Mariquiña con nós!!!
- Amosa a túa versión de Rosalía Mariquiña nas RRSS co hashtag #rosaliamariquiña
Recortable para imprimir
Recursos descarcables
Arquivos de imaxe











Siluetas svg para cortadora láser
Créditos
- Ilustración: Leandro Lamas.
- Deseño de roupa e poses: Nerevere.
- Idea orixinal, edición e fotografías: Mercedes Orbaneja.
- Música e narración: Xeradas con intelixencia artificial usando Suno e TTSMaker.
🎉 Este recurso é completamente gratuíto e está baixo licenza Creative Commons. É obrigatorio divertirse e gozar mentres se aprende! 😄
Rosalía Mariquiña © 2025 by Orbaneja, M.; Lamas, L.; is licensed under CC BY-NC-SA 4.0![]()

Debe estar conectado para enviar un comentario.